Dr. Xesús Manuel Suárez García
Na Clínica Suárez diagnosticamos e tratamos problemas de nutrición, hormonais, obesidade, trastornos metabólicos…Tamén tratamos casos de diabetes e problemas de tiroides, cun seguimento personalizado e exhaustivo.
O noso persoal está altamente cualificado tanto en endocrinoloxía como en nutrición, para ofrecer a atención e os tratamentos máis efectivos en cada caso.
Tratamentos médico-estéticos indoloros
Dispoñemos das últimas técnicas e tratamentos médico-estéticos clinicamente probados, máis eficaces e con control de seguridade. Sen cirurxía, sen dor, sen convalecencia. Resultados desde as primeiras sesións.
Deseñamos un tratamento personalizado para cada paciente e levamos a cabo un seguimento específico para cada un dos nosos tratamentos.
Visítanos e compróbao por ti mesmo.
Medicina estética
Dentro da medicina estética, realizamos diferentes tipos de tratamentos faciais (para a beleza do rostro), tratamentos corporais (para mellorar a saúde e o aspecto do teu corpo) e tratamentos capilares (a saúde do cabelo tamén importa).
Tratamentos faciais: Perda de hidratación, flacidez, engurras, dobre queixo, perda de definición do óvalo facial, cicatrices e marcas de acné…
Tratamentos corporais: Obesidade, celulite, cartucheiras, flacidez, adiposidades localizadas, sudación excesiva…
Tratamentos capilares: Redensificación capilar e alopecia (prevención da alopecia e primeiros síntomas).
Endocrinoloxía e nutrición
Diagnosticamos e tratamos problemas de nutrición, hormonais, obesidade, trastornos metabólicos…Tamén tratamos casos de diabetes e problemas de tiroides, cun seguimento personalizado e exhaustivo.
O noso persoal está altamente cualificado tanto en endocrinoloxía como en nutrición, para ofrecer a atención e os tratamentos máis efectivos en cada caso.
No hay Opiniones todavía.